Pablo Antonio Frada impartiu unha xornada práctica de poda para a recuperación de soutos no Courel
RibeiraSacraXa
A xornada práctica de poda para a recuperación de soutos organizada polo GDR Ribeira Sacra - Courel serviu para aprender as principais técnicas que axudan a recuperación dos soutos afectados polos lumes.
19 Mar 2024

Impartida por Pablo Antonio Fraga Gontán, técnico de CampoLab, acolleu a participación de moitas persoas interesadas neste ámbito e que, despois da aprendizaxe, puideron desfrutar dunha degustación de produtos locais.
Esta actividade, celebrada en Folgoso do Courel, é unha continuidade do proxecto de cooperación "Paisaxes Intelixentes", cuxo obxetivo principal é o da recuperación e rexeneración medioambiental do territorio.