Outros tres contedores de borras de café estarán instalados en Quiroga no marco do proxecto Coffe Compost

RibeiraSacraXa
Outros tres contedores de borras de café estarán instalados en Quiroga no marco do proxecto Coffe Compost
Cafe
25 Xan 2023

O Concello de Quiroga aprobou a instalación de tres contedores para a recollida de borras de café coa intención de darlles unha segunda vida en Galicia dentro do proxecto Coffee Compost.

Os colectores nos que poderán depositar estes residuos tanto particulares como hostaleiros estarán situados en tres puntos nos que se atopan xa outros colectores: as inmediacións do Centro de Saúde, na nova praza da rúa Real e nas inmediacións da Residencia da Terceira Idade.

A recollida destes residuos servirá para darlles unha segunda utilidade, á vez que se reducen os desperdicios que se botan nos colectores xenéricos e polos que o concello ten que pagar á planta de recollida.

As borras de café son un produto natural que se pode usar como o uso como fertilizante ou en velas aromáticas e tamén se poden mesturar con outros ingredientes naturais para crear abono para plantas e mellorar a estrutura do solo. Ademais, é un bo repelente contra caracois, babosas, formigas e os fungos.

0.14531302452087