Os XIII Cantos de Taberna chegan este sábado á Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Un total de dez agrupacións participan na edición deste ano
Cantos-de-Taberna-A-Pobra-do-Brollón
2 Dec 2025

Este sábado 6 de decembro chegan á Pobra do Brollón os XIII Cantos de Taberna, que este ano contarán coa participación de dez agrupacións procedentes tanto deste concello como doutros municipios da bisbarra.

Os grupos pasarán a partir das 18:00 horas polos cinces participantes desta edición: Avenida, Bar Pirata, Primeiro de Maio e Vella Taberna, todos eles na Pobra do Brollón, e Salanova en Salcedo. O circuíto rematará arredor 22:00 horas, aínda que, como noutros anos, a festa continuará polos bares a modo de foliada.

As agrupacións locais participantes este ano son Cantareiras de Fornelas, Os Corenta e Chinco, Os Somontanos e a Escola de Música Samoeiro. De fóra do concello participan Os Bochetas do Sil (Sober), Os Ministreles (Monforte), Os Parrandas (O Barco de Valdeorras), Os Tarabelos (O Saviñao), Son do Mao (Bóveda) e Triskeles (Monforte).

Dende o Concello da Pobra do Brollón lembran ademais que esta semana continúa o Concurso de Tapas da Guimaralia, sendo este venres 5 o último día para degustar os pinchos e participar na votación popular e sorteo.

⚙ Configurar cookies
0.075912952423096