Os 'Xeopícaros' regresan tres anos despois ao Xeoparque Mundial de Unesco Montañas do Courel

RibeiraSacraXa
Os escolares de Ribas do Sil, Quiroga e Folgoso volven a desfrutar tres anos despois co II Encontro de Xeopícaros das Montañas do Courel
segundo encontro xeopicaros1
26 May 2022

Case tres anos despois do primeiro Encontro dos Xeopícaros das Montañas do Courel, os escolares dos centros educativos dos tres concellos que forman o Xeoparque Mundial de Unesco Montañas do Courel (Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel) volveron a reunirse coincidindo coa Semana dos Xeoparques Europeos.

O obrigatorio parón pola pandemia da Covid-19 provocou que esta iniciativa non su puidera levar a cabo os dous últimos anos, pero este xoves 26 de maio os xeopícaros do CEIP de San Clodio, o CPI Uxio Novoneyra Seone do Courel e o CEIP Quiroga volveron reunirse nun escenario de luxo como é a Igrexa da Ermida.

0.17163014411926