Os viños de parcela protagonizan unha xornada gastronómica no Concello de Pantón

RibeiraSacraXa
Os profesionais do sector do viño teñen unha cita o vindeiro 20 de outubro na Casa da Cultura de Pantón, que acollerá un evento sobre os viños de parcela.
vino cata copa
18 Out 2023

Os profesionais do sector do viño teñen unha cita o vindeiro 20 de outubro na Casa da Cultura de Pantón, que acollerá un evento sobre os viños de parcela.

A xornada comezará ás 18.45 horas e contará coa presenza de José Luis Álvarez Balnco, alcalde do Concello; Antobio Lombardía, presidente do CRDO Ribeira Sacra e José Manuel Arias, presidente do GDR Ribeira Sacra-Courel.

Ás 19.00 horas é o turno da proposta Nombres de la tierra da DOQ Priorato. Posteriormente, a partir das 20.00 horas organízase Los Terruños de Amandi. A mesa redonda organizarase ás 20.30 horas e a cata de viños de parcela, coa que conclúe o evento, serás ás 21.00 horas.

O xornalista José Manuel Rubín será o encargado de moderar toda a xornada. Os interesados deben inscribirse a través da web.

xornada viños parcela panton
0.1934289932251