Os viños da Ribeira Sacra volverán estar presentes en ProWein

RibeiraSacraXa
A feira internacional de referencia en Europa para o sector do viño celebrarase do 15 ao 17 de marzo en Alemaña e contará coa presenza do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra no espazo da Agencia Galega da Calidade Alimentaria
quiroga viñedos uvas plantas
13 Mar 2026

A Ribeira Sacra volverá estar presente en ProWein 2026, a feira internacional de referencia en Europa para o sector do viño, que se celebrará do 15 ao 17 de marzo en Düsseldorf, Alemaña.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará dentro do espazo da Agencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), un lugar pensado para que profesionais e prescriptores poidan coñecer “de primeira man a diversidade vitivinícola da Ribeira Sacra”.

Nesta edición, o túnel do viño contará con 43 referencias da denominación, entre as que se inclúen 11 viños brancos e 32 viños tintos, representando distintas variedades e estilos de elaboración que caracterizan esta zona vitivinícola.

Ademais do espazo propio do Consello Regulador, varias adegas da Ribeira Sacra estarán presentes cos seus proxectos, entre elas Rectoral de Amandi, Ponte da Boga, Vía Romana e Regina Viarum.

A participación en ProWein forma parte da estratexia do Consello Regulador de “manter a denominación nos principais foros internacionais do viño”, lugares clave para construír posicionamento, reputación e mercado. Neste contexto, a Ribeira Sacra busca mostrar a calidade e singularidade dos seus viños en escenarios profesionais de referencia, onde importadores, distribuidores e prescriptores internacionais marcan as tendencias do sector.

0.12582993507385