Os viños da Ribeira Sacra promociónanse este domingo no Fórum Gastronómico da Coruña

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará no Fórum Gastronómico da Coruña, que se celebrará entre o domingo 23 e o martes 25 de marzo. Este evento é unha das citas máis relevantes do sector gastronómico en Galicia e un escaparate privilexiado para os viños da nosa denominación.
Este ano, no Túnel do Viño haberá unha selección de 25 viños pertencentes a 9 adegas da Ribeira Sacra. Entre eles, destacan 7 viños brancos e 18 tintos, que permitirán aos profesionais do sector e ao público asistente descubrir a diversidade e a calidade das nosas elaboracións.
As adegas participantes no Túnel do Viño son:
- Adega Ponte da Boga
- Alouviño
- Rectoral de Amandi
- Carlos Fernández - Viña Frieira
- Pazo de la Cuesta
- Regina Viarum
- Ronsel do Sil
- Tolo do Xisto
- Viñas de Belesar - Mauricio Lorca
Ademais, Ribeira Sacra contará cun espazo dentro do stand común de todos os viños das Denominacións de Orixe de Galicia, organizado por AGACAL.
O Consello Regulador tamén organizará tres catas dentro das diferentes accións que se desenvolverán ao longo dos días do evento.