Os viños da Ribeira Sacra brilaron no Mondial des Vins Extrêmes 2025

Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra volveron situarse na cúspide internacional tras a súa participación no Mondial des Vins Extrêmes 2025, celebrado en Aosta (Italia), un dos concursos máis prestixiosos para os viños producidos en condicións extremas de cultivo.
A Ribeira Sacra obtivo un total de 17 galardóns, incluíndo tres Gran Medallas de Ouro para Godello Don Cosme 2024 (EDV 2015 SLU, Quiroga), Mencía Matilda Nieves 2024 (Rectoral de Amandi, Sober) e Mencía Cividade 2024 (Adega Verao, Sober), así como catorce Medallas de Ouro que premiaron viños como Vía Romana Añada Mencía 2024 (Adega e Viñedos Vía Romana, Chantada), Mencía Batanero 2022 (Pazo de la Cuesta, Ribas de Sil), Godello 1904 2022 (Adega Vella, Ourense), Mencía Almanova 2024 e Godello Almalarga 2024 (Alma das Donas, Pantón), Mencía Don Bernardino 2024, Mencía Don Bernardino 4ª Xeración 2020 e Godello Don Bernardino 2024 (Don Bernardino, Sober), Godello 2024 (Regina Viarum, Sober), Mencía 22º 2023 (Alouviño, Sober), Godello 2019 (Alvaredos-Hobbs, Alvaredo), Mencía Promine Singular 2024 (Bodegas Petrón, Doade-Sober), Mencía Viña Vella 2024 (SAT Virxen dos Remedios, O Saviñao) e Mencía Cárcava 2024 (Viñedos Zarzagal, Monforte de Lemos).
Estes resultados, sinalan desde o Consello Regulador da D.O., consolidan a Ribeira Sacra como unha denominación de prestixio que combina a viticultura heroica en bancais cunha calidade recoñecida nos mercados máis esixentes, proxectando internacionalmente o traballo das súas adegas e o valor dun territorio que une tradición e innovación para producir caldos únicos.