Os veciños e vecinas da Pobra do Brollón poderán desfrutar este verán de catro saídas á praia
O Concello da Pobra do Brollón volve a organizar este ano varias viaxes á praia durante os meses de xullo e agosto do verán a diferentes municipios de Galicia con punto de saída o cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón.
Así, a primeira saída será o vindeiro 16 de xullo a Vigo, á praia de Samil; o segundo será o 30 de xullo, a Viveiro; o terceiro será a Miño, o 6 de agosto; e o último terá lugar o 20 de agosto, de novo a Samil.
Estas viaxes teñen un custo de 10 euros por persoa e as prazas serán limitadas, polo que desde o goberno local aconsellan ás persoas interesadas a apuntarse o antes posible, xa que o prazo termina o venres anterior á saída ás 12.30 horas. Ademais, as persoas interesadas deberán apuntarse de maneira presencial na Biblioteca Municipal da Pobra do Brollón.
Por outra parte, aconsellan tamén levar roupa cómoda e comida para a praia, xa que o custo da saída non inclúe comidas.