Os veciños do Saviñao reclaman a limpeza do corredor fluvial do Miño por riba da presa de Belesar

RibeiraSacraXa
A Asociación veciñal do Saviñao solicita melloras de limpeza en torno ao corredor fluvial do río Miño por riba da presa de Belesar.
camino inverno bajando_codos_hacia_belesar
1 Xul 2022

A Asociación veciñal do Saviñao diríxese á Delegación de vías e obras públicas da área de Xestión Territorial da Deputación de Lugo para solicitar traballos de limpeza das cunetas no corredor do Miño da rede viaria da Deputación no territorio do Saviñao.

Por tanto, informa do estado da estrada do corredor Fluvial do Miño que parte da presa de Belesar paralelo ao río en dirección norte.

A vexetación invade a estrada de maneira que ocupa o 50 % da calzada, despois de dous anos sin realizarse desbroce de mantemento.

Este corredor, alén da súa finalidade paisaxística e turística, é utilizado polos veciños que posúen terras e viñedos na ribeira esquerda, por riba da presa de Belesar, pero neste momento explican que "é imposible o cruzamento de dous vehículos en sentido contrario, o que supón unha importante limitación na circulación".

Esta falta de mantemento está ocasionando conflictos e incomodidades no vecindario polo que, coincidindo coa presenza de maquinaria da Deputación no concello do Saviñao, solicitan a inmediata limpeza e o desbroce das cunetas do corredor fluvial do Miño dende o seu punto de partida, próximo á presa de Belesar e á Pena de Abeado.

0.20056796073914