Os veciños de Vilar do Courel piden axuda para recuperar os Pasos do Vía Crucis
A Asociación Fonte do Milagro en colaboración coa Asociación Castro Grande de Vilar do Courel propoñen unha actividade para o vindeiro 18 de marzo ás 10.00 horas en Vilar do Courel.
Esta iniciativa nace co fin de recuperar as cruces que no seu día foron colocadas dende o Campo da Festa do Campazo hasta a Ermida de San Roque, estragadas polo lume de xullo do ano pasado.
Así, organizan unha xuntanza co fin de poñer de novo en valor o percorrido do Vía Crucis que cada ano polo Venres Santo se representa no lugar.
Ademais, os veciños e veciñas da parroquia de Vilar fan un chamamento a todas as persoas, veciños e veciñas que quieran participar e botar unha man e replantar as zonas ardidas nos incendios do pasado verán.
Din que se necesitan mazairas, pereiras, ameixeiras e pavieiras ou pexegueiros.
Para máis información, pódese contactar co veciño Emilio a través do número de contacto 638 38 05 17.