Os veciños de Seara, en Quiroga, inauguraron o seu local social
Os veciños da Seara celebraron o sábado a inauguración do seu local social. A Asociación de Veciños deste núcleo foi a promotora do proxecto de recuperación deste inmoble, que en palabras da súa presidenta, Asun Petelos, foi moi importantes posto que o lugar ten moita historia para o pobo e no que participaron todos os veciños.
O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, agradeceu, en nome do equipo de goberno, a invitación á inauguración desta obra na que o concello participou economicamente, nun proxecto - dixo - no que se xuntan os veciños para facer unha obra cun fin social.
Con axudas económicas da Xunta de Galicia e do Concello de Quiroga os veciños da Seara recuperaron un antigo “curro” onde se xuntaban a concello, se facían reunións sociais ou se organizaban bailes. Este inmoble que estaba a punto de caer foi o que quixeron recuperar os veciños para seguir sendo un lugar de reunión social.
Na inauguración non faltou a música, veciños do pobo que tocan en diferentes grupos musicais e unha integrante da orquestra Sinfónica de Galicia foron os encargados de animar a tarde.