Os veciños de Ribas de Sil contarán cun novo acceso ao barrio da Veiga grazas ao Plan Único

RibeiraSacraXa
Os veciños de Ribas de Sil contarán cun novo acceso ao barrio da Veiga grazas ao Plan Único da Deputación de Lugo
obras A Veiga Ribas de Sil
26 Abr 2023

O Concello de Ribas de Sil está a acometer unhas obras no barrio da Veiga para proporcionar un novo acceso aos veciños.

Segundo o goberno local, este novo acceso "mellorará sen dúbida a calidade de vida dos nosos veciños e acortará as distancias de tránsito cara a San Pedro, ao mesmo tempo que reduce o volume de tráfico na rúa do Sil".

Estas obras poden levarse a cabo grazas aos fondos de financiación do Plan Único da Deputación de Lugo, que está a axudar a diferentes concellos a executar mellorar en diferentes aspectos do seu municipio.

0.064497947692871