Os veciños de Pantón poderán acceder a un tratamento antichoiva para o seu parabrisas gratis

RibeiraSacraXa
Os días 17 e 18 de outubro os veciños de Pantón poderán acceder a un tratamento antichoiva e antimosquitos para o seu parabrisas de balde achegándose ao campo da feira.
Concello de Pantón
17 Out 2023

Os días 17 e 18 de outubro os veciños de Pantón poderán acceder a un tratamento antichoiva e antimosquitos para o seu parabrisas de balde achegándose ao campo da feira.

A actividade organizarase en horario de mañá, concretamente de 10.00 a 14.00 horas e o tratamento consistirá en aplicar un efecto hidrófugo ao parabrisas do vehículo, conseguindo que as gotas de auga apenas toquen o vidro e se deslicen.

O tratamento antichoiva, ademais de mellorar a visibilidade á hora de conducir con precipitacións, ofrece unha función protectora antimosquitos.

concello de panton tratamento antichoiva
0.066498994827271