Os veciños de Martín organizan o seu magosto o 28 de outubro
RibeiraSacraXa
O vindeiro 28 de outubro os veciños de Martín, parroquia do Concello de Bóveda, poderán gozar do seu propio magosto a partir das 21.
24 Out 2023
O vindeiro 28 de outubro os veciños de Martín, parroquia do Concello de Bóveda, poderán gozar do seu propio magosto a partir das 21.30 horas da noite na Casa da Escola.
As persoas participantes poderán desfrutar desta festa, na que haberá panceta, viño e castañas e un gran sorteo presencial. Ademais, estará a venda a lotería de nadal en favor da comisión de festas.
Ademais, o evento estará amenizado polo dúo Pégate para que os veciños e veciñas desfruten tamén da música. Os interesados deben pagar unha entrada de 5 euros.