Os veciños de Doade festexan este sábado a súa festa do San Martiño

Doade festexará este sábado, 9 de novembro, a súa festa xuntanza con motivo do San Matiño, un encontro entre a veciñanza que cumpre este ano a súa vixésimo segunda edición e que está organizado pola Asociación de Veciños Nosos Pobos.
As celebracións arrancarán ás 13.30 horas cunha misa e unha procesión, para continuar ás 14.30 horas cun xantar popular de confraternidade. Ás 17.00 horas haberá unha queimada e, posteriormente, a festa rematará cun baile.
As reservas poderán facerse de maneira presencial por correo electrónico, a través da dirección aavvdoade@doade.net ou a través do teléfono 629 453 169.