Os veciños de Chantada aínda poden participar na campaña de Nadal da Asociación de Empresarios

RibeiraSacraXa
Ata o 8 de xaneiro aínda se pode participar na campaña de Nadal en Chantada, organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada coa colaboración do Concello, e na que se sortearán un total de 5.
Nadal en Chantada 2
3 Xan 2024

Ata o 8 de xaneiro aínda se pode participar na campaña de Nadal en Chantada, organizada pola Asociación de Empresarios de Chantada coa colaboración do Concello, e na que se sortearán un total de 5.000 euros en premios.

A través da iniciativa, coa que todos os que merquen na vila entran en sorteos de bonos descontos para gastar nos negocios de Chantada, preténdese impulsar o comercio local.

Trátase dun proxecto cofinanciado pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, que conta coa colaboración da CCA Ribeira Sacra de Chantada.

0.20499300956726