Os veciños de Bóveda poderán desfrutar dunha actividade nocturna para ver as perseidas o xoves 17
RibeiraSacraXa
O vindeiro 17 de agosto terá lugar na Casa da Memoria da parroquia de Xulián de Bóveda unha actividade conxunta para observar as perseidas.
14 Ago 2023
O vindeiro 17 de agosto terá lugar na Casa da Memoria da parroquia de Xulián de Bóveda unha actividade conxunta para observar as perseidas.
Así, baixo o nome de ‘Observación nocturna de estrelas e lágrimas de San Lourenzo’, as persoas que queiran poderán desfrutar dunha xornada nocturna cos seus veciños, acompañada de chocolatada.
Conducida por Francisco Javier García e José Camiño López, a iniciativa terá un custo de tres euros como donativo para a asociación e, ademais, as persoas que queiran poderán quedarse a durmir de balde nunha tenda de campaña ou nunha caravana.