Os usuarios do Centro de Día visitan o Museo Etnográfico de Quiroga

RibeiraSacraXa
Os maiores desprazáronse ata o Museo Etnográfico de Quiroga, onde pasaron este 17 de xuño algunhas horas da mañá.
museo_etnografico_quiroga(1200_x_628_píxel)
17 Xuño 2022

Desprazáronse ata o Museo Etnográfico de Quiroga onde pasaron algunhas horas da mañá.

Os usuarios do Centro de Día pasaron este 17 de xuño do 2022 no Museo Etnográfico de Quiroga, onde se desprazaron pola mañá. Durante a xornada puideron ver a gran cantidade de pezas que alberga a instalación, a meirande parte delas coñecidas polos asistentes.

O encontro serviu para que os presentes tivesen oportunidade de lembrar épocas pasadas á vez que  contaron para que se empregaban as  pezas. Deste xeito, segundo foron observando o material, este provocou que  recordasen anécdotas que partillaron entre si.

A saída  foi a primeira que realizaron os usuarios, acompañados das súas coidadoras, e a cal "dada a boa experiencia e a satisfacción dos usuarios servirá para facer moitas máis".

museoetnografico_quiroga
0.13063907623291