Os usuarios do Centro de Día e o alumando do CEIP de Quiroga celebraron un encontro interxeracional

RibeiraSacraXa
A xornada serviu para unir xeracións afastadas no tempo a través da música tradicional
encontro-interxeracional-quiroga
Encontro Interxeracional en Quiroga
30 May 2025

O Centro de Día de Quiroga acolleu este xoves un encontro interxeracional ao que acudiron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do CEIP de Quiroga, acompañados dos seus profesores.

Os escolares recibidos polos usuarios do centro cunha merenda e, ao rematar, o alumnado ofreceu nunha sesión musical na que dedicou varias cancións galegas aos residentes, acompañados polos instrumentos que confeccionaron recentemente nun obradoiro organizado pola Fundación Legar. Durante o repertorio, tanto maiores como nenos gozaron da música tradicional, chegando incluso a intercambiar roles: foron os residentes os que entoaron “A saia da Carolina”, esta vez acompañados polos máis novos.

Para rematar este encontro, no que a música tradicional serviu para unir xeracións afastadas no tempo e na educación, os usuarios do Centro de Día entregaron aos alumnos pequenos agasallos, entre eles caramelos e un marcapáxinas elaborado por eles mesmos, como mostra de agradecemento pola súa visita.

⚙ Configurar cookies
0.16548705101013