Os usuarios do centro de día de Quiroga elaboran un belén

RibeiraSacraXa
O Centro de Día da Ribeira está a celebrar as festas de Nadal con numerosas actividades de decoración desta época.
15 Dec 2023

O Centro de Día da Ribeira está a celebrar as festas de Nadal con numerosas actividades de decoración desta época. Traballos de pintura e manualidades ocupan boa parte das xornadas dos usuarios.

Nesta ocasión os usuarios do centro foron os axudantes das coidadoras que elaboraron un precioso Belén no que non falta detalle e que loce na entrada do Centro de Día.

Orgullosos deste traballo amosábanse este xoves os usuarios e non é para menos, xa que as súas coidadoras empregaron moitas horas para a elaboración dos curiosos postos de venda cos que conta a representación do Belén e tamén para a súa decoración.

0.098237037658691