Os tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel serán os protagonistas da III Apalpanoelada

RibeiraSacraXa
A Curuxa Motoclub e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organizan a terceira edición da Apalpanoelada Moteira o vindeiro sábado, 23 de decembro.
20 Dec 2023

A Curuxa Motoclub e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel organizan a terceira edición da Apalpanoelada Moteira o vindeiro sábado, 23 de decembro.

Nesta ocasión, a saída será ás 16.00 horas desde Seoane do Courel e os participantes chegarán ás 17.00 horas á praza do Concello de Folgoso do Courel, onde pararán un momento. Despois, irán cara ao Portón de Quiroga ás 18.00 horas para, posteriormente, visitar a residencia de maiores. Por último, chegarán ás 19.15 horas ao Concello de Ribas de Sil, onde visitarán tamén a súa residencia.

A ruta é libre, polo que todo o que queira participar, poderá facelo, compartindo cos seus veciños e veciñas esta iniciativa, na que ademais se repartirán agasallos para todos os nenos en Quiroga.

0.1621470451355