Os traballos de limpeza da Ponte Vella de Monforte obrigarán a pechala ao tráfico este luns

RibeiraSacraXa
O corte afectará tanto a peóns como a vehículos a partir das 8:00 horas
limpeza-na-Ponte-Vella-de-Monforte
Traballos de limpeza na Ponte Vella de Monforte
31 May 2025

O Concello de Monforte, informa de que este próximo luns, 2 de xuño, procederá a cortar o tráfico de peóns e de vehículos pola Ponte Vella a partir das 8:00 horas.

O motivo é acometer os traballos de limpeza íntegra do mesmo, tal e como se ven a facer nestes últimos anos. Os traballos de retirada serán levados a cabo pola Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello.

O corte ó tráfico de vehículos e peóns da Ponte, que será levado a cabo pola Policía Local, manterase mentres duren estes traballos de limpeza.

⚙ Configurar cookies
0.17263698577881