Os socialistas demandan a recuperación no servizo de pediatría de Monterroso

LugoXa | RibeiraSacraXa
Los socialistas demandan la recuperación del servicio de pediatría en Monterroso que afecta también a Antas de Ulla, Portomarín y Taboada.
cousas de bares alfoz portada
1 Abr 2022

Os socialistas avanzaron que rexistrarán unha batería de iniciativas no Parlamento, así como mocións nos concellos afectados, para reclamar á Xunta recuperar de xeito inmediato o Servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Monterroso. “Segundo se fixo publico o servizo está cancelado dende fai varios días e están dando citas para dentro dun mes”, advirten.

O Voceiro do grupo parlamentario do PSdeG e deputado lucense, Luís Álvarez, acompañado da secretaria de organización provincial e voceira de Antas de Ulla, Pilar García Porto, xunto co voceiro da Agrupación Socialista de Monterroso, Rafael García a voceira de Portomarín, Silvia Rodríguez e o voceiro de Taboada, Roi Rigueira, así como concelleiros da Comarca, reivindicaron diante do centro de saúde de Monterroso a reposición do pediatra.

Lembran que neste centro tamén se atende aos usuarios dos Concellos de Portomarín, Antas de Ulla e Taboada, deixando polo tanto a máis de 9.800 habitantes sen este servizo básico e esencial. Os socialistas demandan o fortalecemento da sanidade pública fronte a unha xestión desastrosa do goberno do PP que “evidencia a mala xestión, ineficacia e falla de compromiso coa nosa provincia”.

Queixas das nais e pais afectados
Dende o PSdeG explican que presentan esta ofensiva parlamentaria “tras escoitar as queixas das nais e pais afectados por estes recortes, xa que teñen trasladar aos seus nenos e nenas a outros centros de saúde da Comarca, onde as veces tamén están saturados e ademais non contan con persoal especializado en pediatría”, din.

Mocións nos concellos afectados
Os concellos da Comarca afectados por este recorte son Monterroso, Taboada, Antas de Ulla e Portomarín, e por iso o PSdeG defenderá mocións nestas vilas para recuperar este servizo. Como xa se fixo no Concello de Portomarín, onde a voceira socialista, Silvia Rodríguez, defendeu unha iniciativa para recuperar de xeito inmediato o Servizo de Pediatría no Centro de Saúde de Monterroso, que foi aprobada por unanimidade.

Pero lamentablemente onte mesmo, o Concello de Antas de Ulla celebrou unha sesión plenaria na que a voceira socialista, Pilar García Porto defendeu outra proposta polo trámite da urxencia para reclamar este mesmo servizo de pediatría, pero o PP votou en contra de debatela no Pleno. “Este é o interese que amosa o PP pola sanidade na nosa comarca e polas familias afectadas”, critican.

0.17904806137085