Os socialistas de Pantón solicitarán unha baixada do IBI na próxima sesión plenaria

RibeiraSacraXa
Los socialistas de Pantón solicitarán la bajada del IBI en la próxima sesión plenaria a través de una moción.
concello panton
9 Abr 2022

Os Socialistas de Pantón avanzaron que defenderán unha moción na vindeira sesión plenaria, coa que reclaman ao PP a baixada do IBI, diminuíndo o tipo de gravame ao 0,49% tanto para bens inmobles de natureza urbana como para os de natureza rústica. Xa que segundo sinalan “o tipo mínimo establecido por lei que sería dun 0,3% para os inmobles de natureza rústica e un 0,4% para inmobles de natureza urbana”.

Os socialistas defenden esta proposta xa que remarcan que “esta diminución non supón unha grande cantidade económica para as arcas municipais, pero sen embargo sería unha medida positiva e dun gran alivio para a economía de moitas familias do concello de Pantón”, advirten.

“Presentamos esta proposta tras escoitar as peticións de moitos veciños e veciñas coas que nos explican o encarecemento das súas economías así como os dos seus ingresos, o que conleva unha minoración da súa capacidade adquisitiva debido aos problemas ocasionados pola pandemia, aos que agora tamén se uniron a guerra con Ucraína”, argumentan os socialistas de Pantón.

“Nestes intres tódalas administracións públicas, tanto concellos, a deputación, a Xunta e o Goberno Estatal, deben arrimar o ombreiro para saír adiante neste difícil momento. Ninguén pode quedar atrás, por iso, as familias de Pantón deben contar tamén co apoio do seu concello para paliar na medida do posible, a situación actual. Esta medida repercutiría directamente nos fogares de Pantón e contribuiría a aliviar a economía familiar”, din dende o PSdeG.

0.15749192237854