Os socialistas de Chantada propoñen cambiar o nome 'Travesía do Concello' polo de 'Rúa 8 de marzo'

RibeiraSacraXa
O vindeiro luns, 16 de outubro, o PSOE de Chantada presentará no pleno unha moción para propoñer que se lle conceda o nome de ‘8 de marzo’ a unha rúa no Concello.
moción PSOE Chantada 8 de marzo
10 Out 2023

O vindeiro luns, 16 de outubro, o PSOE de Chantada presentará no pleno unha moción para propoñer que se lle conceda o nome de ‘8 de marzo’ a unha rúa no Concello.

"O PSOE é un partido que sempre estivo e estará a carón do feminismo. Dende as leis contra a violencia de xénero, a do ‘divorcio exprés’ ou a de igualdade, aprobadas por Zapatero; como tamén no eido local, sendo o noso grupo, o socialista, o único que tivo unha candidata, voceira e secretaria xeral muller", explican os socialistas.

"Cremos que os xestos ás veces tamén son importantes e, por iso, pediremos en pleno un novo xesto de cara á visibilización do feminismo no noso concello", sosteñen. Por iso, queren cambiar a ‘Travesía do Concello’ por ‘Rúa 8 de marzo’," xa que xunto a esta atópase o CIM e non suporía grandes trastornos para as veciñas e veciños", argumentan.

0.21150898933411