Os socialistas acusan ao PP de Ourense de “falta de transparencia” sobre o estado da Estación de Manzaneda tralos incendios

O Grupo Socialista da Deputación de Ourense cuestionou este venres a xestión do PP provincial durante o pleno, acusando ao equipo de goberno de ofrecer respostas “insuficientes e evasivas” ante asuntos de relevancia para a provincia.
Un dos puntos centrais das preguntas formuladas polo PSdeG foi a situación da Estación de Montaña de Manzaneda tras os incendios forestais do verán. Os socialistas reclamaron datos concretos sobre os danos sufridos nas instalacións, o custo da reparación e o impacto económico na viabilidade dun complexo que, lembraron, leva anos baixo debate público. Porén, denuncian que o executivo provincial limitouse a ofrecer respostas xenéricas, sen cifras nin prazos.
Tamén criticaron a falta de claridade sobre as actuacións do INORDE tras os lumes, ao non concretarse medidas de apoio aos sectores máis afectados, como o turismo rural, a agricultura ou a gandería.
Noutra liña, o PSdeG preguntou polo futuro do Museo de Antropoloxía de Castro Caldelas e a colección de Olegario Sotelo Blanco, pechada desde 2017, e advertiu do incumprimento dos compromisos adquiridos pola Deputación respecto a este proxecto cultural.
Por último, demandaron explicacións sobre o proxecto de restauración de Noiro na travesía de Piñor, en Barbadás, unha obra que acumula retrasos. O grupo socialista reclamou prazos claros de execución, pero aseguran que o PP evitou concretalos, mantendo a indefinición sobre unha infraestrutura que consideran necesaria para a comarca.