Os Reis Magos visitan Bóveda o 5 de xaneiro

O Concello de Bóveda anuncia que o vindeiro 5 de xaneiro os Reis Magos estarán no Centro Sociocultural ás 12:00 horas para compartir un momento especial con toda a veciñanza.
Nesta visita, Felipe Díaz, coñecido como Caxoto, acompañará ás súas Maxestades coa representación do espectáculo 'Un paxe real en apuros', unha divertida actuación que promete entreter aos nenos e nenas asistentes.
Unha cita esperada que achega a maxia do Nadal ao municipio e que convida a toda a comunidade a gozar dunha xornada chea de ilusión e diversión.