Os Reis Magos recollen as cartas na Pobra do Brollón este venres 3 de xaneiro

RibeiraSacraXa
O Parque Samugueiros será o lugar de encontro ás 12:00 horas, con alternativa na Casa da Cultura en caso de chuvia
Reis Magos
3 Jan 2025

A Pobra do Brollón inaugura a súa programación de Reis este venres, 3 de xaneiro, cunha actividade especialmente pensada para os máis pequenos. As SS.MM. Os Reis Magos estarán no Parque Samugueiros ás 12:00h para recoller as cartas cheas de ilusión e desexos dos nenos e nenas da vila.

Este acto permitirá aos pequenos entregar en man as súas peticións e compartir un momento máxico coa presenza de Melchor, Gaspar e Baltasar. No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan adversas, a actividade trasladarase á Casa da Cultura, asegurando que ninguén quede sen a oportunidade de participar.

Este encontro marca o inicio das celebracións de Reis no municipio, ofrecendo unha xornada chea de emoción e ilusión para as familias.

0.14432597160339