Os Reis Magos recibirán aos cativos de Trives no CEIP Manuel Bermúdez Couso
RibeiraSacraXa
Ante a previsión de chuvia, Melchor, Gaspar e Baltasar estarán no salón de actos este domingo ás 18:00
4 Jan 2025
As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente visitarán este domingo, 5 de xaneiro, A Pobra de Trives para escoitar as peticións dos máis pequenos e repartir ilusión. Ante a previsión de chuvia, a recepción terá lugar no salón de actos do CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso a partir das 18:00 horas.
Melchor, Gaspar e Baltasar agardarán polos nenos e nenas trivesas para compartir con eles os tradicionais caramelos e algúns agasallos traídos do lonxano Oriente. O evento garantirá unha tarde chea de maxia, protexida das condicións meteorolóxicas adversas, para que a auga non sexa un obstáculo á ilusión destas datas.