Os Reis Magos foron porta por porta para agasallar aos nenos de Folgoso do Courel
Os Reis Magos percorreron as aldeas de Folgoso do Courel para visitar aos nenos do Concello e entregarlles un agasallo.
A primeira visita tivo lugar ás 10.30 horas polos lugares máis afastados e foron sucedéndose ata completar a totalidade das casas.
Os Reis Magos foron recibidos polos veciños do Concello de forma agradable e festiva pero sempre coas medidas de seguridade recomedadas.
O recente aumento de casos obrigou a tomar medidas e protocolos de actuación nas visitas dos Reis Magos, por iso, nesta ocasión as Maxestades de Oriente percorreron tódalas aldeas axudando a manter a ilusión e a maxia propias desta celebración sen xerar aglomeracións de xente.
Este tipo de actuacións e medidas de seguridade incentivan un freo nos contaxios e a máxima seguridade para garantir a saúde dos veciños.