Os Reis Magos farán unha parada en Taboada o día 5

RibeiraSacraXa
Taboada se suma al recorrido que realizarán los Reyes Magos por los pueblos lucenses. La visita será el 5 de enero en la plaza de Riazón.
taboada cabalgata reis
4 Xan 2022

O Concello de Taboada súmase ao percorrido que realizarán os Reis Magos polas vilas lucenses.

A visita terá lugar o día 5 de xaneiro a partir das 17.30 horas onde os Reis recibirán aos nenos e nenas na praza de Riazón.

Os máis pequenos de Taboada recibirán da man das súas maxestades de oriente os agasallos, mantendo a maxia e a ilusión propia destas datas.

Debido á situación sanitaria actual, prégase o uso de máscara e das demais medidas de seguridade ante a Covid-19.

Este tipo de actividades achegan aos nenos un respiro e unha maneira de socializar nestas situacións nas que son os grandes esquecidos. Os Reis Magos volverán ao Concello para brindar alegría e ambiente festivo á vila.

0.087833166122437