Os rapaces interesados en solicitar axudas para estudantes que cursen ensinanzas fóra de Quiroga xa poden facelo

RibeiraSacraXa
Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas anuais que se conceden aos estudantes menores de 25 anos e dependentes economicamente que cursan ensinanzas superiores fóra do tempo municipal de Quiroga.
rapaces
22 sep 2023

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas anuais que se conceden aos estudantes menores de 25 anos e dependentes economicamente que cursan ensinanzas superiores fóra do tempo municipal de Quiroga.

Os estudantes interesados en solicitar esta axuda terán un prazo de vinte días hábiles para presentar a solicitude telematicamente a través do impreso que poden descargar na sede electrónica do Concello de Quiroga. A solicitude deberá ir acompañada dunha fotocopia do DNI e do certificado de matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula.

A matrícula educativa, a compra de libros de texto ou material escolar, o aluguer de vivendas ou os gastos de transporte, sempre que figuren a nome do estudante que solicita a achega económica son gastos subvencionables.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes comunicarase aos interesados a concesión da axuda que terán que xustificar mediante a presentación de facturas ou recibos que xustifiquen o gasto para o que se solicita a subvención.

0.18257999420166