Os propietarios do polígono agroforestal de Bóveda xuntaranse cos técnicos de Agader e Proyestegal
RibeiraSacraXa
Os propietarios do polígono agroforestal de Bóveda xuntaranse cos técnicos de Agader e Proyestegal nunha reunión
9 Xul 2023
O Concello de Bóveda organiza unha reunión cos propietarios de negocios do polígono agroforestal do municipio para darlle continuidade ao polígono agrario.
Terá lugar o mércores, 12 de xullo, ás 20:00 horas na Casa do Concello e estará presente o persoal técnico de AGADER e a empresa encargada de realizar os traballos, Proyestegal.
Así, os técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, adscrita á Consellería de Medio Rural, manterán unha xuntanza cos veciños e veciñas para chegar a acordos beneficiosos para ámbalas dúas partes.