Os premios Semente Ribeira Sacra contribúen ó desenvolvemento de Monforte e da contorna

RibeiraSacraXa
Os premios Semente Ribeira Sacra contribúen ó desenvolvemento económico e social de Monforte de Lemos e da contorna
rio sil catamaran ribeira sacra
14 Nov 2022

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, destacou este mediodía na rolda de prensa da oitava edición dos premios Semente Ribeira Sacra a contribución desta iniciativa ao desenvolvemento económico e social de Monforte de Lemos e de toda a contorna. Así, Conde agradeceu o traballo da asociación Semente Monforte, e subliñou que “apoiar o emprendemento é tamén investir en benestar, contribuíndo á creación de emprego de calidade e á fixación de poboación no rural”.

Neste eido, o vicepresidente económico, que participou na entrega de premios,  sinalou que “os emprendedores galegos contan con diferentes apoios no eido do financiamento e do asesoramento e lembrou iniciativas como o coworking da Ribeira Sacra. Este ten permitido nas súas seis primeiras edicións apoiar máis de 100 proxectos, contribuíndo á creación de preto de 40 empresas e de máis de 70 postos de traballo”.

Para reforzar “un ecosistema que conxugue iniciativa empresarial e innovación configurándose, así, como un motor de reforzo da modernización e diversificación da economía de Galicia, a Xunta de Galicia ten en marcha a nova Axenda Startups. Con esta folla de ruta, á que se destinan 15 millóns de euros, búscase contribuír á creación de 100 novas empresas e a acelerar 200 nos próximos dous anos, prevéndose a xeración de 600 postos de traballo vencellados ás novas compañías”, asegura Conde.

0.14955997467041