Os premios do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra entregaranse en Monforte

RibeiraSacraXa
O Pazo Condal do Parador de Turismo de Monforte acolle este sábado 28 de outubro a exposición dos proxectos finalistas na IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
premios Semente Ribeira Sacra
27 Oct 2023

O Pazo Condal do Parador de Turismo de Monforte acolle este sábado 28 de outubro a exposición dos proxectos finalistas na IX edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra. Ao longo da mañá o xurado, composto por representantes das universidades, representantes de empresas e das administracións, coñecerán polo miúdo os 10 proxectos que pasaron á final.

A programación comeza ás 9.30 horas coa presentación de Labrava S. Coop. Galega, cooperativa de traballo asociado no sector agrario e forestal. Posteriormente, é a quenda de Bikarte, un renting de bicicletas eléctricas con audio guía. Seguiralle a exposición de LamasDulce, galletas personalizadas; o Rural o Urbano, un espazo Gourmet & Lifestyle e Aobá Upcycling, un proxecto de moda feita para os amantes do medio ambiente.

Despois dunha pausa, retómanse as presentación ás 12.30 horas con Chorima, cosmética Atlántica con extractos vexetais; Ficar aquí, unha plataforma de emprego no rural e unha planta Procesadora de Excedentes de Produtos Agrícolas.

A estas presentación, seguiralle a exposición de EcoAqua, proxecto de Abastecemento Hídrico Sostible na Ribeira Sacra e Enzicas, queixos e embutidos madurados con castañas. A decisión do xurado darase a coñecer ás 21.00 horas, cando terá lugar a cea e a gala de entrega dos premios. Nesta IX edición cóntase con 20.000€ en premios para impulsar proxectos innovadores que poñan en valor o medio rural e os seus recursos, de tal xeito que o primeiro clasificado recibirá 10.000 euros e o segundo e o terceira serán galardoados con 6.000 e 4.000 euros.

0.13746190071106