Os pequenos participantes no Campamento de Verán de Quiroga visitaron o Museo Xeolóxico
RibeiraSacraXa
O técnico de Turismo impartiu un taller sobre o recoñecemento de pezas dentais dos diferentes mamíferos atopados no Courel
15 Aug 2024
Continúanse nos campamentos de verán coas visitas os distintos servizos que se ofertan desde o Concello de Quiroga, nesta ocasión achegáronse ata as instalacións do Museo Xeolóxico.
O técnico de Turismo impartiu un taller sobre o recoñecemento de pezas dentais dos diferentes mamíferos que se atopan no medio natural das Montañas do Courel.
Neste obradoiro aprenderon a recoñecer animais carnívoros, como lobos e zorros , herbívoros , vacas e cabalos e omnívoros como son os xabarís. Este taller adaptouse os diferentes grupos de idades dos nenos e nenas participantes.
Novamente ata as instalacións municipais, achegábase a Concelleira de Educación e Infancia, Maite Pérez Grao.