Os participantes do programa ‘E para dixitalizarse, Lugo’ na Pobra do Brollón recibiron os seus diplomas

A Deputación de Lugo clausurou a pasada semana o programa formativo ‘E para dixitalizarse, Lugo’ na Pobra do Brollón, unha iniciativa dirixida a capacitar á poboación en habilidades tecnolóxicas básicas co obxectivo de mellorar a súa vida cotiá, especialmente no relativo á realización de xestións coas administracións públicas.
A formación rematou cun acto de entrega de diplomas ás persoas participantes, que tamén recibiron unha pulseira intelixente e un bolígrafo como agasallo conmemorativo.
‘E para dixitalizarse, Lugo’ é un programa promovido pola Deputación de Lugo e conta co financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next GenerationEU, no marco do programa Reto Rural Dixital.