Os participantes do programa Descubrir Quiroga gozaron dunha actividade de piragüismo en Augas Mestas

RibeiraSacraXa
20 persoas participaron dunha travesía polos ríos Sil e Lor
piraguismo-descubrir-quiroga
4 Aug 2025

Este domingo desenvolveuse unha nova actividade dentro do programa de dinamización turística Descubrir Quiroga, centrada nesta ocasión no piragüismo nas augas de Augas Mestas, no punto onde conflúen os ríos Sil e Lor.

A actividade, titulada “Descubrindo o piragüismo en Augas Mestas”, contou coa participación de 20 persoas. O concelleiro de Turismo, Vicente Parra, deu a benvida ao grupo e animou á cidadanía a continuar participando nas propostas de turismo activo que permiten coñecer o territorio desde outra perspectiva.

O monitor da empresa Vía Nova Aventura, encargada da sesión, explicou os aspectos básicos sobre o manexo das piraguas, o equipamento necesario e as medidas de seguridade. Tras esta breve formación, os participantes vestiron o chaleco salvavidas e iniciaron a travesía polos ríos Sil e Lor, gozando durante tres horas da paisaxe natural que marca o inicio dos Canóns do Sil.

A próxima sesión desta actividade repetirase o domingo 31 de agosto. As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de turismo, situada na planta baixa da Casa da Cultura, chamando ao 982 43 51 25 ou escribindo a turismo.quiroga@eidolocal.es.

⚙ Configurar cookies
0.034576892852783