Os participantes do Obradoiro SilLor comezaron os traballos de mellora das instalación do GES

Os participantes do Obradoiro SilLor comezaron a semana pasada cos traballos de mellora da accesibilidade, de retellado e de eliminación de fendas e humidades nas instalacións do GES de Quiroga, segundo informou o propio Concello.
O rexedor local, José Luis Rivera, acompañado do técnico municipal, achegouse ata estas instalacións onde os sete traballadores do obradoiro en Quiroga realizaron traballos de construción dun muro e o posterior empastado das paredes da infraestrutura que serve de garaxe e almacén.
Dende o Concello informan de que, unha vez finalizado o pintado das paredes, procederase á eliminación das humidades e á reparación de fendas nestas instalación, que serven de base para o Grupo de Emerxencias Supramunicipais.
O obradoiro dual de emprego, o XI SilLor, creado en colaboración cos concellos de Ribas de Sil e Folgoso do Courel, conta coa financiación da Xunta de Galicia. Este obradoiro dual, de nivel 2, púxose en marcha no pasado mes de novembro e ten unha duración total de nove meses.