Os participantes do Obradoiro dual de Emprego traballan no mantemento das beirarrúas en Rubián
O pasado mes de decembro arrancou o novo Obradoiro dual de Emprego de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón. Un total de 20 alumnos e alumnas participan nesta nova edición, seis deles pertencentes ao concello de Bóveda.
O obradoiro está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración con 412.000 euros. A iniciativa toma o relevo do taller que estivo en marcha durante o último ano, ambos centrados na xardinería. Os participantes deste obradoiro encargaranse do mantemento e acondicionamento de múltiples xardíns, zonas verdes, áreas recreativas e rutas de sendeirismo nos tres municipios. Actualmente, un grupo destes participantes está a traballar nas labores de mantemento de beirarrúas e limpeza de zonas verdes de Rubián, en Bóveda.