Os participantes do obradoiro de emprego traballan no acondicionamento das zonas verdes da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Os alumnos e alumnas están a crear un "xardín do peregrino" no Camiño de Inverno ao seu paso por Castroncelos, entre outras actuacións
xardin-a-pobra-do-brollon
4 Apr 2025

Os participantes do Obradoiro de Emprego ‘Bóveda, O Incio e A pobra do Brollón’, traballaron esta semana no acondicionamento das zonas verdes do municipio da Pobra do Brollón.

Os alumnos e alumnas están a crear un "xardín do peregrino" no Camiño de Inverno ao seu paso por Castroncelos, así como tamén arranxaron dúas zonas onde plantaron novas árbores e eliminaron unha árbore morta, creando unha cadeira co seu tronco e repartindo a madeira sobrante entre a veciñanza para facer leña.

En total, participan neste obradoiro de emprego de xardinería promovido polos concellos de Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón, un total de 20 alumnos e alumnas, que realizan a súa formación entre os meses de decembro e setembro. A actividade conta coa financiación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, que achegou 412.000 euros para o seu desenvolvemento.

Os participantes compaxinan durante os nove meses de duración destes talleres formacións teóricas e prácticas, impartidas por persoal especializado, para mellorar as súas posibilidades de incorporarse ao mundo laboral. O alumnado que complete a actividade poderá acreditar a súa cualificación mediante un certificado profesional.

Os obradoiros de emprego prestan, ademais, un servizo público nos concellos nos que se desenvolven, xa que as persoas alumnas-traballadoras encárganse do mantemento e acondicionamento de múltiples xardíns, zonas verdes, áreas recreativas e rutas de sendeirismo nos tres municipios.
Na Zona Sur da provincia de Lugo, a Xunta financia con cargo á convocatoria deste ano cinco talleres que implican a 13 concellos e supoñen un investimento autonómico de 2,1 millóns de euros.

⚙ Configurar cookies
0.13157606124878