Os Palimoquiños representarán 'Borralliña' en Quiroga o día 30
O Auditorio Municipal acollerá o vindeiro xoves, día 30, a obra “Borralliña”, a cargo do grupo de teatro Palimoquiños, unha adaptación de “La Cenicienta” en clave de humor.
Nesta obra, que se representará a partir das 18:00 h, participan trece actores e actrices do grupo xuvenil da Escola de Teatro Palimoco de Lugo, e chega a Quiroga a través do Circuito de Teatro Afeccionado 2021 que patrocina a Deputación Provincial.
SINOPSE
Hai moito moito tempo, había un país moi rico gobernado por un Rei e unha Raíña xustos e bondadosos. El chamábase Cintolo e ela Madrepérola. Eran moi felices xunto co seu fillo Azul Celeste. Só unha preocupación atenazaba os seus corazóns, o desexo de ver ao seu fillo casado...
ESCOLA PALIMOCO TEATRO
A Escola Palimoco teatro ofrece adestramento actoral de corpo e voz, construcción de personaxes, dramaturxia, historia do teatro, danza para actores e actrices... Clases dende os 3 anos en adiante. Coa posibilidade de formar parte do elenco dun dos grupos da Escola segundo idade e nivel, participando na montaxe e mostra dun espectáculo teatral.