Os organizadores do Castañazo Rock de Chantada confirman novas actuacións de artistas e grupos musicais
RibeiraSacraXa
O evento celebrarase os vindeiros 1 e 2 de novembro
7 Xuño 2024
Os organizadores do festival de música de Chantada, o Castañazo Rock, que se celebrará os vindeiros 1 e 2 de novembro, confirman novos artistas e grupos de música para o evento.
Así, incorpóranse ao listado de confirmacións Los Chikos del Maiz, Boikot, Mondra, Lontreira, Zetak, The Baboon Show, Dios ke te Crew e Boyanka Kostova.
O festival, que naceu sendo 100 % de rock, evoluciona e este ano, como se pode ver polas súas confirmacións de artistas, inclúe non só música rock, senón tamén rap e hip hop para chegar a máis público e ofrecer un evento máis grande.