Os Obradoiros de Verán de Ribas de Sil comezarán a partir do 1 de xullo

RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas do municipio de entre 3 e 14 anos que queiran participar ou as súas familias necesiten conciliar, poderán apuntarse
Actividades-Ribas-de-Sil-verán
25 Xuño 2024

O Concello de Ribas de Sil anuncia que a partir do 1 de xullo darán comezo os Obradoiros de Verán que ano tras ano se veñen organizando.

O horario seŕa de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas, tempo durante o cal se desenvolverán diversas actividades como xogos na praia fluvial, manualidades, actividades de reciclaxe, taller de cociña, rutas de senderismo, deporte, saídas...

Os nenos e nenas do municipio de entre 3 e 14 anos que queiran participar ou as súas familias necesiten conciliar, poderán apuntarse nas Oficinas Municipais.

0.092899084091187