Os Nickis actuarán na Guimaralia cun repertorio que mestura tradición galega e ritmos do Caribe

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O concerto terá lugar o mércores 3 de setembro ás 20:30 horas no anfiteatro da área recreativa de Samugueiros, na Pobra do Brollón
Os-Nickis
31 Aug 2025

A música sen fronteiras será protagonista na Guimaralia da Pobra do Brollón coa actuación de Os Nickis, un grupo formado por catro amigos procedentes de Sarria, Samos e Australia.

O conxunto, composto por guitarra, bombardino, percusión e voces, ofrece un estilo propio no que o son galego se fusiona cun marcado aroma australiano.

No seu repertorio conflúen ritmos do Caribe, harmonías inspiradas no Novo Mundo e a tradición musical de Galicia, creando unha proposta que invita á diversión e ao encontro de culturas.

O concerto está programado para o vindeiro mércores 3 de setembro, ás 20:30 horas, no anfiteatro da área recreativa de Samugueiros.

A organización destaca que se trata dunha cita para non perder, pensada para gozar en comunidade coa música como lingua universal.

⚙ Configurar cookies
0.15892195701599