Os nenos e nenas que participan dos campamentos de verán do CIM de Quiroga fixeron unha visita

RibeiraSacraXa
Así, din que foi unha xornada "na que desfrutamos moito e aprendimos moitas cousas das abellas e do mel"
Campamento-CIM-Quiroga
19 Xul 2024

Os nenos e nenas que participan dos campamentos de verán do CIM de Quiroga visitaron a Cooperativa de Mel Cauru, onde Chucho e Olga os fixeron partícipes da súa sabiduría na que ás abellas e á mel se refire.

"Ensináronnos un albar tradicional e un albar moderno,faláronnos dos tipos de abellas según a súa función dentro da colmea. Explicarónnos como extraen a mel dos cuadros, como a almacenan e o seu envasado. E ata nos ensinaron un niño de velutinas e as mesmas velutinas disecadas explicándonos as diferencias destas coas abellas", explican.

Para finalizar, invitaron aos nenos e nenas a probar o mel, "que estaba boísimo e tamén probamos polen de diversas flores, finalizando a visita cun agasallo que nos fixeron Chucho e Olga, unha cuchariñas para tomar a mel na casa".

Así, din que foi unha xornada "na que desfrutamos moito e aprendimos moitas cousas das abellas e do mel".

0.2149510383606