Os nenos e nenas dos centros educativos de Monforte celebraron a súa tradicional Mostra de Panxoliñas

RibeiraSacraXa
Para continuar coa programación, esta tarde será a quenda do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, que celebrará no Multiusos seu Festival de Nadal
mostra-de-panxoliñas-monforte
19 Dec 2025

Este xoves, o Edificio Multiusos de Monforte de Lemos acolleu unha das citas máis esperadas do Nadal n acidade: a 25ª edición da tradicional Mostra de Panxoliñas. O evento reuniu ao alumnado de Infantil, Primaria e ESO de varios centros educativos de Monforte. Durante a tarde, os escolares encheron o auditorio de espírito festivo ao interpretar con entusiasmo unha selección de panxoliñas que prepararon durante semanas.

A Concelleira de Cultura e Ensino, Marina Doutón, foi a encargada de dar a benvida ao público, que acudíu masivamente para apoiar a estas voces infantís e xuvenís. No acto tamén participaron representantes do equipo de goberno local, entre eles os concelleiros José Luis Losada, José Manuel Mougán, Regina López e Margarita López, quen destacaron a importancia de iniciativas que fomentan a cultura e a participación dos máis novos.

A Mostra contou coa presenza dos centros CEIP Monforte, Fundación Educativa Torre de Lemos, Colexio PP Escolapios e Colexio P. Ferroviario, que encheron o escenario de alegría e tradición.

Para continuar co programa de Nadal, este venres será a quenda do Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez, que ás 20.00 horas ofrece no mesmo Multiusos o seu Festival de Nadal. Neste concerto, alumnado e profesorado amosarán o seu talento interpretando un repertorio variado que combina pezas clásicas e modernas, con especial atención á música navideña. A actuación inclúe diferentes especialidades instrumentais como saxofón, violín, clarinete, flauta, percusión, vento metal, ademais de coro e orquestra, prometendo unha noite chea de emoción e calidade musical.

⚙ Configurar cookies
0.094193935394287