Os nenos e nenas do CEIP Poeta Uxío Novoneyra tamén merecen actividades extraescolares

RibeiraSacraXa
Desde a ANPA do colexio promoven unha campaña de recadación económica para que o alumnado poida ter actividades lúdicas e formativas na zona rural
Ceip-Samos-no-Uxio-Novoneyra
27 sep 2024

Desde a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra de Folgoso do Courel están a promover unha campaña de doazón económica ao colexio para que o alumnado poida contar con actividades extraescolares.

Así, explican que "neste pequeno colexio de montaña os nenos e nenas non poden contar cunha oferta de actividades educativas e lúdicas como si hai en moitas outras zonas, pero iso non significa que non as merezan".

E destacan que "dende a ANPA traballamos para que todos os alumnos do colexio, sen importar se son socios ou non, poidan ter acceso a actividades enriquecedoras que lles permitan aprender, divertirse e seguir crecendo".

Pero para iso necesitan a colaboración de todas as persoas que queiran aportar o seu graniño de area para que os nenos e nenas do Courel teñan acceso a unha formación e ocio de calidade, malia vivir nunha zona rural. Pódese contribuír través desta ligazón ou ingresar a doazón na conta ES88 3070 0006 5562 7408 7821.

0.12925100326538