Os nenos e nenas de Chantada poderán probar o campo a través de maneira gratuíta

RibeiraSacraXa
Os nenos e nenas de Chantada contarán cunha nova actividade deportiva vinculada ao atletismo.
Pavillon de Chantada
12 Out 2023

Os nenos e nenas de Chantada contarán cunha nova actividade deportiva vinculada ao atletismo. Os rapaces poderán participar no programa de campo a través / cros escolar sen ser necesario estar inscrito nas Escolas Deportivas Municipais.

A iniciativa é totalmente gratuíta, incluíndo os desprazamentos en autobús (acompañados de dous adultos) e o seguro dos participantes. Ademais, a actividade está organizada en catro categorías (benxamíns, alevíns, infantís e cadetes) en función das idades.

As competicións realizaranse os domingos en horario de mañá. As primeiras, de carácter preparatorio, terán lugar o 22 de outubro e o 12 de novembro en Monforte de Lemos. O 17 de decembro organizarase unha competición clasificatoria en Lugo.

Os interesados poden achegarse o vindeiro 19 de outubro ao pavillón municipal, onde se levará a cabo unha sesión informativa e de adestramento dunha hora a partir das 19.00 horas. Para confirmar a participación, os interesados deben levar a inscrición cuberta ese mesmo día, entregarlla ao mestre de Educación Física ou enviala a través do correo edmchantada@gmail.com. As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 616 533 339.

campo a traves chantada
0.19349312782288